O CD Lugo saíu de Bertamiráns con máis que tres puntos

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“Desde el esfuerzo y la velocidad los jugadores hicieron competitivo un modelo que aún necesita trabajo”

BERTAMIRÁNS 1 – CD LUGO 2

Vitoria do Lugo en Bertamiráns nun partido no que Jose Mato deulle continuidade ao novo sistema de xogo, co que os xogadores expóñense moito máis, sobre todo en defensa e en duelos directos, que pouco a pouco van asimilando.
O cero a un foi un factor clave, xa que chegou moi pronto, aos catro minutos de xogo, por medio de Damián, ao rematar un centro lateral de Xabi Becerra.
Co paso dos minutos o Lugo cada vez foise apropiando máis do encontro a partir da posesión do balón, pero sen chegar a ter moita profundidade para poder xerar ocasións claras.
Ao descanso chegouse con cero a un, pero con mellores sensacións por parte dun Lugo que na segunda metade dispuxo dunha ocasión de Iago nada máis empezar coa que lle meteu o medo no corpo a un Bertamiráns que se mantivo con vida ata que a falta de cinco minutos, Andrés acomodouse e enviou o balón ao fondo da rede tras un centro lateral.
O definitivo un a dous chegou no desconto tras un despexe da zaga local.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu