O CD Lugo remonta na segunda metade con goles de Prol e Andrés

En Cadete, Cadete Superiores, División de honra

JOSE MATO – CD Lugo

“El trabajo que está realizando el equipo tiene su recompensa”

AREOSA 1 – CD LUGO 2

O Lugo sumou a súa segunda vitoria a domicilio na División de Honra cadete tras remontar na segunda parte o un a cero co que se chegou ao descanso en Vigo.
O encontro medía a dous equipos que queren ter o mando dos partidos a partir da posesión do balón, polo que a loita librouse neste aspecto nos primeiros minutos. Os lucenses presionaron en campo rival, e cando roubaban mantiñan a posesión, pero cando o Areosa saía da primeira liña de presión creaba problemas e sensación de perigo.
Deste xeito chegou o un a cero, a cinco minutos do descanso tras un centro lateral no que a fortuna púxose ao lado do Areosa, ao intentar despexar Mithum o balón e introducilo na portería defendida por Jonathan.
Á marxe do resultado o Lugo foise aos vestiarios coa sensación de que, de manter a liña marcada, tería opcións de, como mínimo, puntuar.
Un pensamento que se viu reforzado coa posta en escena na segunda parte e sobre todo tras empatar o encontro co un a un que asinou Prol cun lanzamento de falta directa.
A partir de aí as forzas volvéronse a igualar, os dous equipos dispuxeron das súas ocasións para poñerse por diante no marcador, pero a eficacia correu a cargo dun Lugo que recolleu o premio ao seu esforzo na recta final.
A falta de seis minutos para o final do encontro Andrés culminou unha contra de libro que naceu nunha recuperación de Herrero e tivo a súa continuidade con Prol, este cun gran pase interior serviu para que Andrés cruzase o balón ante a saída do porteiro local para culminar a remontada e darlle ao Lugo os tres puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu