O CD Lugo remata a primeira volta na oitava posición

En División de Honra, Principal grande, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Seguimos puntuando. Bo traballo de todo o equipo”

CD LUGO 1 – LLANO 2000 1

O Lugo mantén a súa boa dinámica de puntos tras sumar un en xogo ante o Llano, nun partido no que o máis importante era non perder ante un rival directo para manter as distancias e seguir sumando puntos.
O empate pode considerarse xusto ao termino dos noventa minutos, malia que os lucenses tiveron máis ocasións claras de gol, especialmente na primeira parte.
As dúas formulacións quedaron claras desde os primeiros minutos. O Lugo levaría o peso do partido a partir da posesión do balón e o Llano intentaría forzar algunha perda de balón para saír rápido coas súas dúas puntas.
Cada equipo coa súa táctica creou ocasións nos primeiros minutos. Os visitantes cun remate ao largueiro tras un saque de esquina, mentres que a resposta do Lugo foi por partida dobre, cun centro chut de Brais que tamén repeleu o pau e cun remate de Ubay perigoso.
Tan só se disputaran dez minutos, pero os dous equipos xeraban suficientes ocasións. Ao cuarto de hora o Llano inaugurou o marcador co cero a un, pero o Lugo non variou a súa folla de ruta en exceso.
Adri tivo o empate cun bo disparo, e de novo Ubay obrigou ao porteiro visitante a lucirse. O gol parecía cuestión de tempo e este chegou nunha acción pouco vistosa pero efectiva, nun barullo dentro da área do Llano no que un xogador asturiano enviou o balón ao fondo da rede no seu intento de despexar o coiro.
Cun cuarto de hora por diante o Lugo buscou a remontada e volveu xerar ocasións para iso, pero unha vez máis o porteiro visitante luciuse tras disparos de Brais e Isma.
Xa na segunda parte o ritmo baixou, os dous equipos empezaron a asinar unha paz que estivo a piques de romper o Llano na recta final cun disparo desde dentro da área, no que Julen se enfundouse o traxe de salvador para evitar a vitoria visitante e ampliar a sete os partidos sen perder do Lugo na División de Honra xuvenil.
Na próxima xornada, a primeira da segunda volta, o Lugo viaxará a Vigo para medirse cun Areosa ao que xa lle gañou por dous a cero no partido da primeira volta.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu