O CD Lugo pasa de curso con boa nota

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Gracias ao club pola confianza nos momentos difíciles, resaltar tamen a boa campaña dos rapaces, e a axuda dos meus compañeiros, en especial a Iván Noé, Brais, Pablo, Mou, Arce e Negro”

LLANO 2000 1 – CD LUGO 1

A División de Honra xuvenil fará escala na Provincia unha tempada máis da man do CD Lugo, que será o próximo curso o único representante lucense na máxima categoría do fútbol base nacional.
Os de Álex Antón terminaron a tempada con boa nota tras ir de menos a máis. No primeiro tramo de competición custoulles axustar as pezas do novo puzzle, pero co paso das xornadas fixérono con firmeza ata terminar no ecuador da clasificación, novenos con 40 puntos.
Tras impoñerse na xornada inaugural ao Areosa, o Lugo encadenou sete derrotas consecutivas, pero cunha vitoria ante o Deportivo empezou o despegue, alzou o voo no Roca e mantívoo ao perder un só encontro dos seguintes trece disputados nos que despexou calquera dúbida a nivel clasificatorio.
Na última xornada empató a un co Llano nun partido sen tensión, ao estar os asturianos xa descendidos. Cun ritmo de xogo lento o Lugo levou o peso dun encontro que chegou ao descanso co cero a cero inicial e sen apenas ocasións claras de gol.
Xa na segunda parte, á hora de partido, Jesús fixo o cero a un cun bo disparo ante o que nada puido facer o porteiro local. Nathan tivo a sentencia, pero non puido facer o cero a dous, mentres que o Llano atopouse co empate na recta final tras unha contra na que un punta plantouse só no man a man con Julen.
Ao final, un empate para despedir un curso que o Lugo superou con boa nota.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu