O CD Lugo cedeu nos últimos dez minutos parte do botín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“O equipo notou unha gran melloría nestes últimos encontros que disputamos”

RÁCING FERROL 4 – CD LUGO 1

Dous goles nos últimos dez minutos de partido eclipsaron o bo encontro disputado polo Lugo en Ferrol, co que os de Brais Prados deixáronse practicamente todas as súas opcións de finalizar entre os catro primeiros clasificados nesta primeira fase de Liga Galega infantil.
O bo rendemento que ofreceron os lucenses non se viu reflectido no marcador final, xa que os ferroláns móstraronse máis efectivos ante a portería rival nun partido moi atractivo que finalizou con oito goles.
Os dous primeiros foron para o Lugo, cos que plasmou no marcador a súa boa posta en escea. O cero a un naceu nunha impresionante xogada de Freire pola banda esquerda, na que tras regatear a tres xogadores locais serviu un bo balón á área que Alesito enviou ao fondo da rede chegando desde segunda liña.
Tan só tres minutos despois, ao cuarto de hora, chegou o cero a dous, esta ocasión ao aproveitar Gabri un rexeite logo dun remate de Alesito tras un centro de Jorge.
O Lugo tiña o encontro controlado, pero no ecuador da primeira parte o Rácing de Ferrol recortou distancias ao materializar un penalti á media hora, e devolveu as táboas ao marcador tras unha contra logo dunha perda de balón na circulación do Lugo.
Antes do descanso os de Brais Prados volveron tomar o mando, ao rematar Freire un centro de Jorge, subindo o tres a dous ao marcador e facendo xustiza á mellor primeira parte dos lucenses.
Nada máis empezar a segunda parte, Alesito, volveu acudir á súa cita co gol para ampliar a diferenza ata o dous a catro. A partir de ai o Lugo puido ampliar a renda ao ser o gran dominador do encontro, pero faltoulle a guinda nun partido no que se esfumaron dous puntos na recta final, con dous goles do Rácing de Ferrol nos últimos dez minutos que eclipsaron un pouco o gran encontro dos lucenses na Gándara.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu