O CD Lugo caeu coa cabeza moi alta en Santander

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“El equipo compitió a un buen nivel ante uno de los mejores de la categoría. Merecimos más”

R. SANTANDER 3 – CD LUGO 1

O Lugo deixouse os tres puntos en Santander pese a competir de poder a poder ante un dos mellores equipos da División de Honra xuvenil, que ademais se viu reforzado neste encontro con Cañizo, Musi e Edu, tres xogadores habituais en Segunda División B.
Pese a iso, o Lugo empezou mandando no terreo de xogo e no marcador co cero a un que asinou Adri nada máis empezar tras aproveitar un agasallo defensivo dun central do Rácing de Santander.
A partir de aí os locais empezaron a exhibir o seu potencial técnico e físico, con varias accións a balón parado ante as que respondeu á perfección Julen. O Lugo mostrouse sólido en defensa e nunca renunciou ao ataque, polo que puido ampliar a diferenza antes do descanso con varias contras con perigo e ata cun gol anulado a Juan Pablo.
O descanso foi un punto de inflexión, xa que o Rácing de Santander moveu ficha con xogadores de banquiño que lle deron un plus ao seu equipo. Deste xeito o empate chegou moi pronto, cun man a man aos cinco minutos co que bateron a Julen.
A partir de aí, o Lugo sufriu, e fíxoo con compostura malia que o Sántander deulle a volta ao marcador cun golazo de volea desde fóra da área.
Nos minutos finais o Lugo buscou o empate, pero a moeda caeu de cara para os locais, que sentenciaron o encontro a falta de tres minutos co definitivo tres a un, que é moi avultado para o visto ao longo do encontro.
Na próxima xornada os de Álex Antón reciben na Reigosa ao Real Oviedo nun encontro que se disputará o próximo sábado a partir das 12:30 horas.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu