O CD Lugo B empatou en Abegondo tras ir perdendo 3-1

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“Los jugadores entienden muy bien lo que es el fútbol. Hasta el último minuto con esfuerzo y trabajo se pueden conseguir las cosas”

DEPORTIVO B 3 – CD LUGO B 3

O Lugo B sumou un punto en Abegondo que aínda que puideron ser os tres, sabe como unha vitoria pola gran imaxe que deron os de Iván Alonso.
Os lucenses tiveron as ideas claras desde o principio e adiantáronse cun gol de Pérez, ao culminar unha rápida transición na que rematou no segundo pau un golpeo de Brian. A partir de aí o Lugo controlou ben o encontro, pero a balón parado sufría.
Nunha acción illada o Deportivo empatou tras unha indecisión defensiva. Este gol castigou a moral dun Lugo que viu como o chairego Rares lle daba a volta ao marcador, e antes do descanso os herculinos poñían terra polo medio co tres a un co que terminou a primeira parte.
O Lugo deixou de lado o marcador e centrouse en seguir competindo, e fíxoo moi ben, ata que a falta dun cuarto de hora para o final, Brian sorprendeu ao porteiro local cun potente disparo afastado co que volvía meter aos lucenses na loita polos puntos.
Na recta final os dous equipos chegaron coas espadas no alto e Pérez devolveu as táboas ao marcador co seu segundo gol, nesta ocasión cun remate de cabeza á saída dun córner a tan só catro minutos para o final, tempo no que os dous equipos buscaron a vitoria nun correcalles que non moveu o marcador final tras un duelo de poder a poder en Abegondo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu