O CD Lugo B é cuarto tras encadear tres vitorias nas Gándaras

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“El equipo hace cada vez partidos más completos, tanto si tiene que llevar la iniciativa como si tiene que juntarse y defender su portería”

CD LUGO B 4 – GALICIA CARANZA 1

Terceira vitoria consecutiva como local para un Lugo B que é cuarto na Liga Galega cadete. Os de Iván Alonso asinaron un partido moi completo ante o Galicia Caranza no que foron superiores e souberon adaptarse a todos os guións posibles ao longo dos oitenta minutos de xogo.
A formulación de repliegue intensivo dos ferroláns de inicio viuse truncada co un a cero aos dous minutos. Un gol que asinou Brian ao finalizar á perfección un pase interior.
O gol deulle tranquilidade a un Lugo B que foi moi superior e ao que tan só lle faltou algo de fortuna para ampliar o marcador na primeira parte.
Tras circular o balón con fluidez, Manu e Pérez nutriron de balóns a zonas de remate, nas que Manu, Samu e Pérez estrelaron tres balóns no pau nesta primeira parte.
Xa na segunda, o Lugo B ampliou a diferenza ao culminar Manu, cun disparo desde o vértice da área, unha rápida transición tras roubo de balón.
A partir de aí o Galicia Caranza intentou meter ao Lugo B no seu campo con balóns longos, pero os lucenses fixéronse fortes en defensa e sentenciaron o encontro cos goles de Samu, tras poñer o balón na escuadra, e de David, que rematou un centro raso de Pérez.
Con catro a cero no marcador os visitantes maquillaron o resultado final co catro a un no tempo de desconto dun partido moi completo do Lugo B.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu