O CD Lugo B caeu coa cabeza alta ante o Victoria na Coruña

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“Resultado moi avultado para o que se viu realmente ao longo deste encontro”

VICTORIA 4 – CD LUGO B 0

O Lugo B saíu contrariado da Grela polo avultado do catro a cero final que non reflicte a igualdade e ata superioridade dos lucenses durante moitas fases do encontro ante todo un Victoria con rumbo fixo á máxima categoría.
As boas sensacións acompañaron aos de Bruno Rodríguez desde os primeiros minutos, nos que tiveron criterio co balón e xeraron as primeiras ocasións por medio de Jesús e David.
Con todo, a pegada foi do conxunto coruñés, ao inaugurar o marcador na súa primeira ocasión cun potente disparo ante o que Brais non puido facer nada.
O Lugo B continuou co mesmo guión e meteu por momentos ao Victoria no seu campo. Vila obrigou a lucirse ao porteiro herculino cun bo disparo, e o colexiado non apreciou un penalti por man dentro da área local.
No tramo final da primeira parte o Victoria intensificou a presión en campo rival e o Lugo B adaptouse ao que pedía o partido e buscou, cun fútbol máis directo, crear perigo ás costas da defensa local.
Ao descanso mantívose o un a cero e tralo paso polos vestiarios Óscar acariñou o empate cun axustado remate, a Rubén anuláronlle o 1-1 por fóra de xogo e a Noel non lle pitaron un penalti por derrubo ao anticiparse a un defensa rival nun balón ás costas.
O Lugo B merecía como mínimo o empate, pero co dous a cero do Victoria o partido quedou visto para sentenza, mentres que o terceiro e cuarto gol local nos instantes finais avultaron o marcador.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu