O Castrocadete , o último e entrar no corte dos catro primeiros

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica, Principal

O Castro sacou o seu billete  para o Provincial en Ribadeo

 

RIBADEO 1 – CASTRO 3

O Castro estará no Provincial cadete tras impoñerse no Pepe Barrera, onde o Ribadeo sumaba ata este encontro todos os seus partidos por vitorias.
Os de Raúl Morán chegaban á última cita dependendo deles mesmos, e non deixaron pasar a oportunidade. Os chairegos fixeron valer a súa maior necesidade de puntos desde o inicio cunha moi boa posta en escena coa que tomaron o mando no marcador moi pronto ao asinar Pablo o cero a un aos tres minutos de xogo.
O Castro asentouse, fíxose forte en defensa e esperou a súa oportunidade á contra. O cero a dous antes do descanso subiuno ao marcador Marcos ao transformar un penalti.
A segunda parte comezou con emoción, xa que o Ribadeo recortou distancias cun gol de Borja.
Ao Castro entráronlle as dúbidas e os nervios, pero co paso dos minutos volveron tomar as rendas do encontro grazas á súa maior intensidade, ata que Goas e Raúl trenzaron unha contra coa que o Castro despegou definitivamente no marcador co un a tres que lles levaba ata o Provincial cadete.
Ambos equipos volveranse a ver as caras na segunda fase, na que se medirán os oito mellores conxuntos de Autonómica polo título Provincial e unha praza na próxima fase de ascenso á Liga Galega cadete.

 


 

O Xove Lago remata no podio 

 

P. BURELA 1 – XOVE LAGO 4

O Xove Lago levouse os tres últimos puntos en xogo nesta primeira fase da Marosa, onde os visitantes tiveron máis mordente nos metros finais. A primeira parte disputouse de poder a poder, pero o Xove levou o marcador ata o cero a dous. Na segunda parte, a partir do cero a tres, o ritmo de xogo foi moito máis lento e os visitantes aseguráronse o terceiro posto da Liga.

 


 

O Lourenzá cumpriu coa súa parte  en Santa Cruz pero non foi suficiente 

 

LOURENZÁ 10 – SAN CIPRIÁN 1

O Lourenzá quedouse ás portas do Provincial pese á contundente vitoria coa que despediron a primeira fase ante o San Ciprián. Os de Edu necesitaban gañar e que non o fixese o Castro, pero a vitoria dos chairegos en Ribadeo deixoulles sen opcións.
O encontro empezou con intercambio de golpes, xa que tras inaugurar os locais o marcador, Daniel Llecha devolveu as táboas co un a un. Acto seguido o Lourenzá fixo o segundo, e de novo puido empatar o San Ciprián cunha boa ocasión de Xoel que non entrou. A partir de aí, co tres a un, o encontro terminouse.

 


 

O equipo revelación foi a Residencia B

 

POLVORÍN B 0 – RESIDENCIA B 5

A Residencia B converteuse no equipo revelación desta primeira fase ao terminar no quinto posto con 21 puntos. Os tres últimos tras impoñerse ao Polvorín B en Montirón nun partido marcado polo cero a un aos dez minutos que asinou del Olmo. A partir de aí os da Cheda tiveron máis pausa e criterio co balón para ir ampliando a diferenza ata o cero a cinco final.

 


 

5 vitorias seguidas sen o premio final

 

VIVEIRO 1 – FOZ 5

O Foz terminou esta primeira fase da tempada con cinco vitorias consecutivas que deixaron aos de Asier ao borde da clasificación, pero o mal inicio de curso, cunha soa vitoria nas seis primeiras xornadas, lastrou aos albivermellos. No Cembedo, o Foz apenas concedeu opcións, xa que o seu potencial físico impúxose en gran parte das facetas do xogo.

 


 

O campión afinou o punto de mira de cara á segunda fase da tempada

 

VILLALBÉS B 0 – MILAGROSA 8

A Milagrosa afinou a súa posta a punto e o punto de mira de cara ao Provincial ao que os de Madriles acudirán como un dos principais favoritos tras alzarse co título zonal.
Ademais da superioridade do campión, a néboa foi o gran protagonista na Magdalena, de aí que os primeiros minutos carecesen de intensidade.
Pouco a pouco o partido foise abrindo, pero ao ecuador da primeira parte chegouse cun axustado cero a un. Marco foi o autor deste gol, e tan só dous minutos despois fixo o cero a dous. A partir de aí o partido foi outro xa que a Milagrosa impuxo o seu potencial para ampliar a conta ata o definitivo cero a oito.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu