O Castro estrea liderado tras remontar contra o Polvorín

En Provincial, Xuvenil

O Foz  escala posicións no grupo Norte tras vencer ao San Ciprián. No sur, o Quiroga encaramouse no  alto da táboa tras vencer ao Taboada na Medela

A primeira fase da competición chega ao ecuador. Os equipos afrontan o treito decisivo da Liga no que se decidirán os dez equipos que se clasifican para o Provincial e aseguren unha praza na Primeira División de cara á vindeira temporada.

Líder en solitario O Rácing Villalbés B queda só a fronte do grupo Norte tras a súa vitoria na Mina e máis o triunfo do Foz sobre o San Ciprián, os dous únicos equipos invictos da liga.
Os de Iván Gayol inflixiron a primeira derrota aos da Veiga, que se borraron do partido co 2-0 no inicio da segunda metade. Os locais puideron aumentar a renda, pero faltoulles puntería. Viveiro e Xove tamén sumaron os tres puntos. Os de Bruno despois de remontar a última hora un partido que perdían por un a cero ao descanso.

Remontada
O Castro impúxose ao Polvorín FC nun duelo polo liderado que comezaba con sorpresa na portería local. O dianteiro cadete Riveira substituiu ao gardameta titular Rodrigo, mancado pola semana, e cumpriu. O Polvorín FC atopouse en varias ocasións coas súas intervencións nun partido aberto que, sen embargo, chegou 0-0 ao descanso. Os amarelos adiantáronse e puideron ampliar a renda pero, nos dez minutos finais, cabalgadas pola banda de Raúl e Borja déronlle a volta ao marcador.
Cospeito, San Roque e Residencia B tamén remataron a cuarta xornada da liga con tres puntos máis.

Tres de tres O Quiroga sitúase no liderado provisional do grupo Sur tras vencer ao Taboada nun encontro que encarrilaron con tres goles nos primeiros vinte minutos do encontro.
Corgo e Monterroso asinaron un empate mellor valorado polo Monterroso, que levou un punto do Municipal despois de que o Corgo se adiantara dúas veces no marcador. Jose marcou o 2-2 no arreón final ante un equipo local que acabou lamentando as ocasións desperdiciadas.
Todo o contrario do que lle aconteceu ao Palas, que saiu decidido a lograr ante o EF Polvorín a primeira vitoria da temporada. Os locais adiantáronse nunha das primeiras accións do partido e foron incrementando a vantaxe, sen baixar o acelerador ata a conclusión.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu