O Caranza segue facendo estragos no fútbol lucense

En Cadete, Liga Galega

Terceira vitoria seguida dos ferroláns na Liga Galega cadete a un equipo da Provincia

16 goles a favor e 0 en contra nas tres últimas xornadas da Liga Galega cadete para o Galicia Caranza, números que asinaron os ferroláns ante tres equipos lucenses, tras impoñerse 0-6 á Milagrosa, 7-0 ao Lugo B e 0-3 ao Viveiro no Marcos Gómez.
O Viveiro chegaba en bo momento á cita pero viuse superado por un rival en estado de graza. A primeira parte disputouse de poder, a poder pero a pegada visitante foi brutal.
O Galicia Caranza mostrábase perigoso á contra ante un Viveiro que quería ter o balón, pero non lles duraba moito aos de Luchi en campo contrario. Nunha perda o Caranza montou unha contra letal que supuxo o cero a un aos vinte minutos, e sen moito tempo para a reacción local chegou o cero a dous á media hora de xogo.
O Viveiro chegou tocado ao descanso, pero Luchi intentou reactivar ao seu equipo dándolle confianza, sobre todo con balón. Os celestes puideron meterse no partido ao dispoñer Luís dun man a man e Álex doutra ocasión, pero co paso dos minutos e os cambios o Galicia Caranza levou o partido ao seu terreo e sentenciouno na recta final co cero a tres co que os ferroláns exhibiron o seu estado de forma.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu