O Calasancio infantil xa ten os postos de permanencia a tiro

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur, Principal

CALASANCIO 1 – ALONDRAS 0

O Calasancio segue sen dar tregua aos seus dous rivais pola permanencia. Ademais, os de Carlos Fontal saen reforzados desta xornada tras impoñerse ao Alondras cun solitario gol de Adrián na recta final do encontro e tras empatar o Alertanavia en casa ante o Verín, polo que a permanencia quédase a dous puntos a falta de doce por disputar.
A igualdade foi a tónica dominante do encontro. Na primeira parte Adrián puido facer o un a cero cun par de disparos desde fóra da área, mentres que o Alondras atopouse con Moledo na súa ocasión máis clara tras plantarse un dianteiro no man a man co porteiro monfortino.
Xa na segunda parte Adrián e Nodar levaban o perigo por banda, pero a xogada clave chegou á hora de partido, ao quedarse cun xogador menos o Alondras pola expulsión dun central. A partir de aí o Calasancio dominou con autoridade ata atopar o premio cun remate de Adrián tras un centro que puxo na área Xoel Irimia en segunda xogada dun saque de esquina.
Ao final, xusta recompensa para un Calasancio que na próxima xornada ten o enfrontamento máis complicado que lle queda, ao visitar ao líder deste grupo, o Choco, que tan só perdeu un dos 14 encontros disputados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu