O Calasancio xa puxo o contador a cero para volver á Liga Galega cadete

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Triste despedida dunha tempada na que hai que quedarse co bo e aprender dos erros”

PABELLÓN B 8 – CALASANCIO 1

O que mal empeza mal termina, este devandito foi o fiel reflexo da tempada do Calasancio na Liga Galega cadete, da que os monfortinos despedíronse encaixando unha goleada en Ourense. Os de Cordas non mereceron tanto castigo ao longo do curso, pero a realidade levounos ao descenso de categoría, polo que o contador xa se puxo a cero para intentar, canto antes, volver a esta competición.
O Pabellón B levou as rendas do partido desde os primeiros minutos e ao descanso o marcador xa era de catro goles a cero. O Calasancio intentou reaccionar por momentos, pero non o conseguiu ante a falta de motivación.
Xa na segunda parte o Pabellón ampliou a conta co paso dos minutos, mentres que, con sete a cero no marcador, Samuel, desde o punto de penalti, marcou o último gol do Calasancio na Liga Galega cadete.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu