O Calasancio xuvenil xa pode respirar tranquilo

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Buen partido que por las ocasiones falladas tuvimos que sufrir hasta el final. Estos chicos se merecen disfrutar del ultimo encuentro con el objetivo cumplido”

CALASANCIO 3 – SÁRDOMA 2

Heroica vitoria do Calasancio para selar a permanencia na liga Galega xuvenil. Os de Denís López conseguírono tras remontar o momentáneo un a dous co que se adiantou o Sárdoma na segunda parte, cun golazo de Arca por toda a escuadra a falta de tres minutos para o final.
Ata entón o encontro fora un calco dos anteriores, co Calasancio mostrándose moi superior na primeira parte, na que o un a cero co que se chegou ao descanso semellaba un premio moi escaso para os monfortinos.
Ceri inaugurou o marcador ao dez minutos, cunha gran xogada individual ao bordo da área. Buti estivo a piques de facer o segundo tras un man a man, e o propio Ceri tamén acariñou o dous a cero. O primeiro tempo terminou con susto, xa que o Sárdoma estrelou un balón no traveseiro nunha das súas escasas chegadas aos dominios de Losada.
Recuperados do susto nos vestiarios, o Calasancio volveu ser mellor ao comezo da segunda parte, Germán, cun bo disparo que se foi rozando o poste, e Nico, cun balón que lle sacou un defensa baixo a liña de gol, puideron facer o dous a cero.
Pero cando máis preto parecía que o Calasancio ampliaría a vantaxe, o Sárdoma sorprendeu co empate nunha acción de fortuna.
De novo volta empezar e o Calasancio, a pesar de acusar o mazazo do empate, tivo por medio de Nico unha nova ocasión de gol.
O balón non quixo entrar e o Sárdoma, tras un saque de esquina, asinou o sorprendente un a dous co que o Calasncio vía en dúbida a súa continuidade na liga Galega xuvenil.
Con dez minutos por diante e á heroica o Calasancio foise a polo partido. Álex Blanco púxose de nove e o cadete Iago pechou a defensa.
Germán atopouse cun balón solto na área rival e fixo o dous a dous, pero o máis grande aínda estaba por chegar. A falta de pouco máis de dous minutos, Arca, desde trinta metros, conectou un potente disparo coa zurda que se coou por toda a escuadra.
Era o tres a dous e foi o gol da permanencia. Un obxectivo que o Calasancio selou sendo fiel ao seu estilo, con sangue sudor e bágoas, pero de alegría.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu