O Calasancio volveu caer pola mínima nos Escolapios

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Un erro defensivo nunha accion puntual volveunos a condenar á derrota”

CALASANCIO 0 – CRISTO VICTORIA 1

Un guión xa coñecido en Monforte volveu castigar ao Calasancio na Liga Galega cadete, competición na que pese a ocupar o penúltimo posto da clasificación, os monfortinos seguen dando a cara e tendo opcións de puntuar case sempre.
Nove dos doce encontros que perdeu o Calasancio esta tempada foron pola mínima diferenza, por un só gol. E xa superado o ecuador da Liga, os de Cordas son o único equipo que conseguiu puntuar ante o líder invicto da Liga, o Celta de Vigo.
Estes datos invitan ao optimismo, pero o guión repítese unha e outra vez. Nesta ocasión ante o Cristo Victoria o Calasancio tivo unha gran posta en escena coa que se puido adiantar no marcador ,ao dispoñer Alexandre dunha clara ocasión.
Co partido controlado o un a cero parecía cuestión de tempo, pero o que chegou foi o cero a un nun despiste defensivo que deixou a un dianteiro visitante no man a man con Manu.
Cero a un aos vinte minutos e a partir de aí o partido foi distinto. O Calasancio perdeu o sitio no terreo de xogo, entráronlle as présas e cometeu máis imprecisións polo que o descanso foi ben recibido polos monfortinos.
Nos vestiarios Cordas variou o sistema de xogo, adiantou as liñas do equipo en busca do empate e intentou encerrar ao seu rival no seu propio campo. Por momentos conseguiuno, e Flores, cun remate de cabeza, e Alexandre, con dous disparos desde fóra da área, puideron facer un empate que se lle resistiu ata o asubío final.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu