O Calasancio volveu á senda da vitoria ao gañar 3-0 ao Arosa

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ – CP Calasancio

“Version mas practica que vistosa. Debemos mejorar con balon para seguir creciendo”

CALASANCIO 3 – AROSA 0

O Calasancio deixou a un lado a galería para centrarse no efectivo e volver á senda da vitoria na Liga Galega.
Os de Denís López conseguiron desnivelar a balanza en momentos clave do encontro á vez que apertaron os dentes e souberon sufrir cando peor pintaban as cousas.
O Arosa quixo meterlle o medo no corpo nos primeiros minutos cun par de disparos afastados nos que o debutante Manu non tivo que intervir. Si o faría co paso do partido e con moi boa nota.
No ecuador da primeira parte, cando o encontro non tiña un rumbo fixo, o Calasancio atopouse cun penalti na súa primeira chegada con perigo á área rival. Buti foi derrubado e o capitán Álex Blanco asumiu con acerto a responsabilidade para inaugurar o marcador.
A partir de aí o Calasancio controlou un pouco máis o partido ante un Arosa que intentaba crear perigo á contra sen conseguilo.
O mesmo guión mantívose ao comezo da segunda, na que Denís López deu entrada a Nico e este deulle aire fresco aos monfortinos con moita máis presenza en ataque.
Á hora de xogo o propio Nico foi o encargado de poñer terra polo medio no marcador co dous cero. Un resultado que deixou tocado ao Arosa, pero estes recuperaron alento coa expulsión de Jorge por dobre tarxeta amarela. O medio centro tivo nas súas botas o tres a cero xusto antes da expulsión.
Con case media hora por diante o Arosa creceuse e asediou a portería do Calasancio na que Manu mantivo a calma con dúas paradas de moito mérito antes de que Nico matase o partido co definitivo tres a cero ao definir á perfección un man a man.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu