O Calasancio varreu ao Lérez no treito inicial do encontro

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur, Principal

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Fuimos a por el partido desde el primer minuto y lo conseguimos. Seguimos creciendo a nivel individual y colectivo”

CALASANCIO 4 – AJ LÉREZ 0

O Calasancio sumou a súa segunda vitoria consecutiva nos Escolapios tras impoñerse ao Verín por dous goles a un e ao Lérez o pasado sábado nun partido que os de Carlos Fontal desnivelaron dende os primeiros minutos cunha gran posta en escena.
Presumíase un partido de poder a poder entre dous equipos cun mesmo obxectivo, a permanencia. O Lérez, pese a ser un recén ascendido presentouse nos Escolapios cun equipo moi físico, pero viuse borrado do campo pola intensidade local.
Aos sete minutos Losada inaugurou o marcador cunha volea dende fóra da área e, sen tempo para a reacción visitante, tan só dous minutos despois, Adrián fixo o dous a cero ao enviar ao fondo da rede un balón solto tras un saque de esquina.
O dous a cero no marcador con tan só dez minutos disputados foi un duro golpe para a moral do Lérez, incapaz de facer fronte a un Calasancio que ampliou a diferenza ata o tres a cero antes do descanso, de novo, tras un rexeite nun saque de esquina que nesta ocasión subiu ao marcador Nodar.
Xa na segunda parte o encontro quedou completamente sentenciado co catro a cero nos primeiros minutos, un gol que asinou Álex ao rematar un bo centro de Xoel.
A última media hora foi un paseo para o Calsancio, con moita posesión de balón, sobre todo coa entrada de Róber, ante un Lérez que non tivo opcións de puntuar en ningún momento nos Escolapios.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu