O Calasancio tirou de orgullo e Abel sentenciou ao Porriño

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“So cabe felicitar aos xogadores polo gran traballo e xogo que realizaron”

CALASANCIO 1 – PORRIÑO 0

O Calasancio tivo ante o Porriño o que lle faltou ao longo da tempada aos de Cordas para manterse na categoría. Solvencia defensiva e fortuna na recta final do encontro.
Os monfortinos foron mellores que o Porriño nos Escolapios, levaron o peso do encontro e foron contundentes en defensa, concedendo tan só unha ocasión de gol ao longo de todo o encontro que chegou tras un saque de esquina á hora de partido.
Na primeira parte ao Calasancio faltoulle contundencia no remate, xa que os de Cordas chegaban con claridade a liña de fondo e sacaban centros, pero sen rematar. A segunda parte foi un carrusel de ocasións locais sen finalizar, ata que chegou Abel para asinar a vitoria co un a cero final ao rematar unha falta lateral no segundo pau executada por Aguiar.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu