O Calasancio ten que gañar e agardar resultados

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

A permanencia pasa por impoñerse en Ourense na última xornada e que dous dos seus catro rivais directos se deixen puntos

 

CALASANCIO 1 – ALONDRAS 0

O Calasancio fixo os seus deberes e sumou os tres puntos en xogo ante o Alondras, vitais para seguir na loita pola permanencia de cara a unha frenética xornada que se disputará dentro de quince días.As opcións do Calasancio pasan por impoñerse no campo dun UD Ourense que xa é campión de Liga matematicamente, ademais os monfortinos necesitan que polo menos dous dos seus rivais directos non gañen. Estes son Tomiño, Ribadumia e Comesaña.
Unha vitoria do Calasancio e que dous dos catro equipos que lle preceden non gañen daríalle permanencia na Liga Galega xuvenil unha tempada máis.
Todos estes cálculos pasaban por sumar os tres puntos ante o Alondras e conseguiuse cun solitario gol de Fagin á media hora de xogo.
O Calasancio saltou ao campo coas ideas claras e Jordi xa puido inaugurar o marcador nos primeiros minutos, pero o gol resistiuse ata que o propio Jordi fabricou unha xogada por banda que desencadeou nun bo centro que Fagín enviou ao fondo das mallas cun certeiro remate de cabeza.
Antes do descanso lesionouse Nico, polo que Carlos Fontal tirou do cadete Adrián, que debutou ao igual que Tagüi, este incluso partindo desde o once inicial.
Na segunda parte os monfortinos deron un paso atrás. Xuntaron filas en repliegue para non encaixar e buscaron as contras para sentenciar o encontro.
Brais e Adrián, por partida dobre, puideron matar o partido pero ao non encaixar ao Calasancio chegoulle para sumar os tres puntos e chegar con vida a unha última xornada, na que necesita gañar e esperar resultados.

 

“Hicimos un buen partido para sumar los tres puntos y llegar a la última final con opciones de conseguir el objetivo”
CARLOS FONTAL CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu