O Calasancio ten moito traballo por diante de cara á segunda volta

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS  – Calasancio

“O partido estivo marcado polos nosos erros individuais”

CALASANCIO 1 – PABELLÓN B 2

O Calasancio deixou malas sensacións nos Escolapios no primeiro encontro do ano e último da primeira volta para os monfortinos na Liga Galega cadete, competición na que deben reaccionar no segundo tramo de Liga para chegar ás últimas xornadas con opcións de permanencia.
O Pabellón tivo unha clara formulación desde os primeiros minutos, cun fútbol directo e sen complicacións e esperando o erro local para tomar a iniciativa. O plan saíulles á perfección, xa que ao cuarto de hora un erro defensivo de vulto terminou con Manu cometendo penalti e co cero a un no marcador. O Pabellón B viu reforzada a súa formulación, e tras un erro nun saque de porta chegou o cero a dous.
O Calasancio quedou moi tocado, pero Samuel devolveu a ilusión no último minuto da primeira parte ao recortar distancias, Tralo descanso, os segundos corenta minutos foron un querer e non poder por parte dos monfortinos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu