O Calasancio ten a permanencia no peto pese á derrota

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“En el fútbol manda el gol. Hicimos un buen partido, pero encajamos goles de forma inocente y no fuimos capaces de materializar ocasiones muy claras”

A SECA 4 – CALASANCIO 2

O Calasancio encaixou unha derrota que atrasa a permanencia matemática, pero que non a pon en perigo. Os monfortinos teñen un colchón de catro puntos sobre o descenso, con só seis en xogo.
Ante a Seca, o Calasancio levou a peor parte dun encontro moi aberto no que as ocasións foron súas, pero, o acerto, dos locais. No cuarto de hora inicial, o equipo tivo ata tres ocasións para abrir o marcador -a máis clara, de Ceri, que rematou desviado tras gañar un un para un-. Sen embargo, os primeiros en anotar serían os locais, que aproveitaron un despexe fallido nun centro lateral para poñerse por diante. Os monfortinos repuxéronse e mantiveron un dominio que deu froitos á media hora cun gol de Brais. Seguiron 15 minutos para esquecer nos que encaixaron dous tantos que lles poñían o partido costa arriba.
No entanto, na segunda metade, os monfortinos volveron crear ocasións abondo para darlle a volta marcador. Álex Blanco -convertido en punta- tivo a primeira nun gol anulado por fóra de xogo. Despois, Ceri estrelou o balón no pau. e o propio Álex Blanco marcou o 3-2 nunha xogada de estratexia que meteu o medo no corpo aos locais. Ante unha defensa de cinco, o Calasancio seguiu atacando pero, cos visitantes volcados na área rival, no 87, A Seca sentenciou.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu