O Calasancio xuvenil tamén pesca no Barco

En Liga Galega, Principal, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ – CP Calasancio

“Quédome co bo momento e co traballo que estar a facer o equipo”

BARCO 1 – CALASANCIO 1

O Calasancio segue crecendo na Liga Galega xuvenil malia que ante o Barco escapáronselle dous puntos na recta final tras unha acción a balón parado que non desloce o bo traballo dos de Denís López, que foron de menos a máis e mereceron levarse todo o botín en xogo no campo dun dos aspirantes ao ascenso á Liga Nacional.
O Calasancio saíu coa clara idea de crecer desde a defensa e minimizar os erros atrás, conscientes do potencial ofensivo dos locais. O plan executouse á perfección, xa que o Barco tan só creou perigo nalgunha acción a balón parado, entre elas un remate ao poste.
Pouco a pouco os monfortinos foron crecendo en ataque e tiveron dúas ocasións antes do descanso por medio de Javi e Brais.
A segunda parte empezou co cero a cero inicial, pero a entrada de Nico e Germán deulle un plus aos monfortinos, aos que tan só lles faltou un pouco máis de acerto nos últimos pases para culminar as contras.
Malia iso, Nico inaugurou o marcador ao transformar un penalti cometido sobre el mesmo nos mellores minutos do Calasancio. Á recta final chegouse con cero a un, pero cando xa se saboreaban os tres puntos, o Barco empatou tras un saque de esquina co que os dous equipos deron por bo o empate ata o asubío final.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu