O Calasancio soltouse e varreu ao Villa de Marín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Seguimos en la misma línea competitiva. Vamos a por una semana muy importante”

CALASANCIO 9 – VILLA DE MARÍN 1

O Calasancio liquidou sen problemas unha cita na que os de Carlos Fontal non podían fallar, ante o colista do grupo Norte pola permanencia na Liga Galega infantil. Unha permanencia que estará a lume vivo dada a igualdade que se ve xornada tras xornada.
Os duelos directos e o gol average serán claves, e coa intención de dar un golpe sobre a mesa viaxará o Calasancio a próxima xornada a Alondras, onde estarán en xogo máis de tres puntos.
Os monfortinos chegan a esta cita co depósito da moral cheo tras golear ao Villa de Marín nun partido sen historia, no que Xoel Irimia inaugurou o marcador aos nove minutos e o Calasancio levou a diferenza ata o cinco a cero ao final dunha primeira parte na que os monfortinos dominaron todas as facetas do xogo da man de Cereijo, o mellor xogador do partido.
Tralo descanso chegou o seis a cero, e a continuación o Villa de Marín fixo o gol da honra tras unha falta lateral colgada á área.
Na recta final o Calasancio levou o marcador ata o definitivo nove a un coa particularidade de que todos os goles ao longo dos oitenta minutos levaron a firma dun xogador distinto.
Tras este encontro, o Calasancio xa prepara a súa próxima visita, que será ante un Alondras que vén de perder ante o Pontevedra por dous goles a cero. Como local suma unha derrota ante o Choco e unha vitoria ante o Lérez.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu