O Calasancio sobrepúxose a todas as adversidades

En Liga Galega, Xuvenil

Remontou e aguantou o asedio final do Coruxo, e tamén do trío arbitral

O Calasancio superou unha nova proba de madurez en Coruxo ao sumar os tres puntos nun partido no que os de Rubén Núñez tiveron que sobrepoñerse a moitas adversidades.
A primeira delas foi a discreta posta en escena que tiveron os monfortinos.
O Coruxo, que saltou ao terreo de xogo máis intenso, inaugurou o marcador antes do cuarto de hora inicial. Con todo, a partir do un a cero os locais conformáronse e cometeron o erro de deixar que o Calasancio se metese no encontro.
Abel sacouse da nada unha gran xogada individual na que regateou a tres rivais e serviu un bo centro que rematou Jorge ao fondo das mallas para facer o un a un, antes do descanso Jordi rematou un balón solto na área local tras varios rexeites para facer o un a dous co que terminou a primeira parte.
O Coruxo quixo recuperar o tempo perdido e fíxoo cunha boa posta en escena que lles serviu para empatar a dous moi pronto. O partido volveuse igualar, pero as ocasións foron para un Calasancio que fixo o dous a tres por medio de Nico, antes dun tramo final no que os árbitros varreron para casa e engadiron ata oito minutos nos que o Calasancio resistiu ata sair cos tres puntos de Coruxo.

“Son tres puntos moi pelexados e moi valiosos”           RUBÉN NÚÑEZ CP Calasancio

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu