O Calasancio renova a licenza do gran soño

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENÍS LÓPEZ – CP Calasancio

“Partido con muchas adversidades que fuimos capaces de sacar adelante. Enhorabuena a todo  el equipo”

AROSA B 1 – CALASANCIO 3

O Calasancio volveu á senda da vitoria na Liga Galega xuvenil e con iso os de Denís López renovaron a súa licenza para seguir soñando co ascenso á Liga Nacional, xa que a falta de seis xornadas están a catro puntos dos postos de ascenso.
Estes tres puntos en Vilagarcía de Arousa enchen o depósito de moral e confianza a un Calasancio que afrontou o encontro moi mermado polas ausencias, entre elas as de Álex Blanco, Arca, Bruno e Nico.
Pese a iso, os monfortinos empezaron moi ben o encontro e non tardaron en tomar o mando no marcador ao asinar o cero a un Germán cun disparo desde fóra da área. Sen tempo para a reacción local, practicamente na seguinte xogada, Brais bateu ao porteiro do Arosa no man a man para subir o cero a dous ao marcador co que o Calasancio vía recompensada a súa boa posta en escena.
Como era de esperar os locais deron un paso á fronte, pero os de Denís López cada vez que roubaban, saían con perigo á contra. Con todo, sería o Arosa o que acertara coa portería rival ao recortar distancias nunha xogada con polémica que desencadeou no un a dous tras un saque de falta rápido dos locais.
Antes do descanso puido chegar o un a tres por medio de Jorge e Germán, pero este chegaría na segunda parte ao rematar Juan unha falta lateral coa que o Calasancio sentenciou o encontro antes de recuperar o soño polo ascenso.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu