O Calasancio rabuñou un punto de ouro a domicilio ante o líder

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Cando das todo non se pode reprochar nin o máis mínimo. Gran segunda parte na que merecemos incluso algo máis”

CHOCO 2 – CALASANCIO 2

O Calasancio segue inmerso na loita pola permanencia na Liga Galega infantil tras sumar un punto no campo máis complicado desta segunda fase, o do líder da competición, o Choco.
Tras esta xornada, lonxe de aclararse o panorama, a loita pola permanencia engade máis equipos e máis emoción. As derrotas de Coruxo e Alondras métenos na pelexa, polo que entre estes dous equipos, Rápido de Bouzas, Alertanavia e Calasancio, un perderá a categoría.
O Calasancio demostrou en Santa Mariña que non merece ser o que baixe, xa que fixo un partidazo indo de menos a máis.
Na primeira parte o Choco levou o peso do partido nos primeiros minutos, pero sen aparente perigo. A ocasión máis clara no tramo inicial foi para Álex, cun man a man, pero a contundencia nos primeiros corenta minutos foi para os locais.
O Choco inaugurou o marcador a cinco minutos do descanso tras un saque de esquina, e do mesmo xeito, tras un novo córner, fixo o dous a cero antes do chegar ao descanso. Lonxe de baixar os brazos o Calasancio levantou a cabeza e, coa entrada de Cereijo, deu un paso á fronte.
Adrián aproveitou un cambio de orientación de Nodar para recortar distancias ao cuarto de hora da segunda parte.
A partir de aí, máis por empuxe que por fútbol, o Calasancio soñou e conseguiu o empate no último instante, tras un penalti que converteu Xoel Irimia para darlle un punto de ouro aos monfortinos antes da seguinte final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu