O Calasancio pasa e cítase co Ribadumia

En Cadete, Cadete Autonómica, Fase de Ascenso

Os de Carlos Fontal fixeron valer o factor campo para desnivelar o 0-0 da ida co 3-1 na volta no Álex Blanco

 

CALASANCIO 3 – CRISTO VICTORIA 1

O Calasancio superou a primeira rolda das dúas que separan aos monfortinos da Liga Galega cadete.

Os de Carlos Fontal fixeron valer o factor campo ante o Cristo Victoria tras impoñerse no partido de volta por tres goles a un desnivelando a igualdade do encontro de ida, que terminou co cero a cero inicial.
O Cristo Victoria buscou e conseguiu sorprender de inicio cun cambio de sistema respecto ao encontro de ida, polo que ao Calasancio custoulle asentarse no campo nos primeiros minutos ao ter un guión de partido distinto en mente.
Aos poucos a superioridade dos monfortinos foise plasmando, e ao cuarto de hora Tagüi fabricou a primeira xogada de gol por banda ao servir un bo centro que Adrián culminou regateando ao porteiro visitante antes de mandar o balón ao fondo das mallas.
Antes da media hora de xogo chegou o dous a cero, nesta ocasión tras unha nova exhibición de potencia de Tagüi por banda que terminou cun centro e remate de cabeza de Iker ao fondo das mallas.
Ao descanso chegouse co partido e a eliminatoria encarrilada, pero a sentenza non se fixo de esperar na segunda e esta chegou cun centro de Dani que rematou no segundo pau Iker para facer o tres a cero no Álex Blanco.
A partir de aí a conta púidose ampliar, pero sería o Cristo Victoria, xa eliminado, o que maquillara o marcador final co tres a un.

 

“Demostramos el carácter, el trabajo y la madurez necesarias para competir este tipo de eliminatorias. No tenemos nada hecho, pero vamos por el buen camino con paso firme” CARLOS FONTAL Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu