O Calasancio non pasou do empate no campo do colista

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Con esta actitude e compromiso non se vai a ningún lado”

VILA DO CORPUS 1 – CALASANCIO 1

O Calasancio sae cun escaso botín de dous puntos das dúas finais anticipadas que o mediron con Ourense e Vila de Corpus, dous equipos cos que comparte os postos de descenso, polo que a permanencia ponse máis cara para os monfortinos.
No último encontro os de Cordas non pasaron do empate no campo do colista, tras oitenta minutos nos que o Calasancio tan só puido ser superior en dez deles, no resto, o encontro foi un correcalles.
Nada máis empezar os locais tiveron dúas claras ocasións, unha sobre todo na que se luciu o debutante Dani, o mellor do encontro, ante a ausencia por sanción de Manu.
A falta de gol por parte de ambos equipos quedou patente na primeira parte, que finalizou con cero a cero, pero ben puido facelo con empate a tres como mínimo.
Xa na segunda metade, tralo descanso, o Calasancio ofreceu a súa mellor cara nos primeiros dez minutos nos que se adiantou no marcador cun gol de Cobo tras rematar desde a frontal un centro de Vila.
Todo parecía encauzado por parte do Calasancio, pero aos cinco minutos o Vila de Corpus aproveitou un perda de balón en campo rival para devolver as táboas ao marcador e volver poñer o encontro patas arriba, xa que ata o asubío final, o partido non tivo dominador e os dous equipos volveron dispoñer de claras ocasións para romper un empate que non lles vale a ningún dos dous.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu