O Calasancio gáñase o dereito a volver a soñar cos postos de ascenso

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ – CP Calasancio

“Felicito a todos os xogadores polo traballo e implicación que están amosando”

TYDE 1 – CP CALASANCIO 3

O Calasancio, que chegou ao parón de Nadal coa luz da reserva acesa e co descenso como ameaza, segue asinando unha espectacular remontada coa que os monfortinos se sitúan a tan só seis puntos dos postos de ascenso á Liga Nacional xuvenil cando quedan por disputarse aínda 12 xornadas.
Os 13 puntos sumados dos últimos 15 en xogo fan que o Calasancio sexa un dos equipos máis en forma do campionato, e ante o Tyde volvérono a demostrar.
Nada máis empezar Javi Lamus estrelou un balón no poste tras rematar un saque de esquina, e Nico disparou algo escorado tras regatear ao porteiro local. Con estas dúas accións o Calasancio meteulle o medo no corpo ao seu rival, pero co paso do xogo o partido endureceuse un pouco e tras varias tarxetas amarelas o ritmo se ralentizouse,
De todo isto saíu mellor parado o Tyde, que na última acción da primeira parte dispuxo dun man a man no que Losada volveu ser determinante.
No descanso Denis López devolveu a calma ao seu equipo e o Calasancio saltou ao terreo de xogo coa cabeza fría e as ideas moi claras.
Froito diso Nico e Germán levaron o marcador ata o cero a dous nun visto e non visto, en apenas tres minutos con dúas accións á contra moi parecidas.
Co partido xa totalmente controlado, Javi Lamus fixo o terceiro tras un córner e malia que o Tyde recortou distancias, o Calasancio non pasou por ningunha complicación para manter a súa boa dinámica de xogo e resultados.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu