O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

En Gallega Infantil, Infantil

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

ALONDRAS 3 – CALASANCIO 0

O Calasancio viaxou a Cangas en busca de tres puntos que o mantivesen vivo na loita pola permanencia, e os de Manu Rodríguez fixeron méritos para conseguilos pese a que o tres a cero final, inxusto e avultado, deixaos practicamente descendidos.
A igualdade inicial truncouse de novo cunha acción a balón parado, o gran talón de Aquiles dos monfortinos esta tempada, xa que aos cinco minutos o Alondras fixo o un a cero tras un saque de esquina.
O Calasancio foi a polo partido con descaro. Díaz estrelou un balón no poste e Yago tamén rozou o empate cun disparo que se foi rozando o pau, mentres que o Alondras, coa lei do mínimo esforzo, fixo o dous a cero cunha contra na que os monfortinos reclamaron fóra de xogo que o árbitro non sinalou.
A última bala de Manu Rodríguez eran Dalama e Mariño para dar profundidade na segunda parte, pero un penalti inexistente que supuxo o tres a cero minou calquera amago de remontada dun Calasancio que, de novo, volveu estar por encima do que indica o marcador final.

 

“O marcador non mostra o traballo e o sacrificio destes rapaces no partido e na Liga” MANU RGUEZ Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu