O Calasancio diluíuse no tramo final, no que o marcador avultouse

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

““Veinte minutos de dejadez empañaron el buen trabajo del resto del partido”

CALASANCIO 0 – PABELLÓN 4

As accións a balón parado penalizaron ao Calasancio no último partido da primeira fase da competición. Sen Nodar e Vilariño, ausente por sanción, os monfortinos estaban en desvantaxe física ante un Pabellón que soubo aproveitar esta debilidade dos locais.
De feito, foi esta a única faceta do xogo na que os de Carlos Fontal non igualaron aos ourensáns. Malia que o marcador se desnivelou nun córner aos dez minutos, sobre o campo as forzas mantivéronse equilibradas nun partido de ti a ti, con xogo directo por parte dos dous equipos. O Calasancio respondía con chegadas de Adrián e Álex aos remates a balón pardo dos visitantes. No inicio da segunda metade, Diego parou un penalti que el mesmo cometera, mantendo a distancia no marcador . Pero no minuto 64, unha xogada pola banda con centro ao segundo pau supuxo o 0-2 do Pabellon, que precisaba a vitoria en Monforte para manterse na parte alta da táboa.
Co marcador en contra, o Calasancio foise diluíndo e os visitantes aproveitaron para ampliar a diferenza con dous goles máis a balón parado.
Os monfortinos rematan a primeira fase na décimo quinta praza, con catro equipos por debaixo. Un aval de cara a segunda fase na que buscarán manterse un ano ano máis en Liga Galega.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu