O Calasancio depende de si mesmo para lograr a permanencia na última xornada

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Semana muy dura en la que conseguimos siete puntos de nueve en juego.
Los chicos lo dejan todo en el campo, en cada entreno y en cada partido. Con trabajo, unión e ilusión vamos a sacar esto, seguro. Go reds!”

AJ LÉREZ 1 – CALASANCIO 4

O Calasancio deu en apenas tres días un paso de xigante para alcanzar a permanencia. Os monfortinos disputaron dous encontros, o primeiro o pasado xoves ante o Coruxo, ao que se impuxeron por dous goles a un, e o sábado ante o Lérez, por un gol a catro.
Este seis puntos fan que o Calasancio chegue á última xornada dependendo de si mesmo para alcanzar a permanencia, xa que igualando o resultado do Coruxo serán unha tempada máis de Liga Galega.
Os monfortinos foron a Pontevedra conscientes de que o tres puntos eran vitais, e non fallaron. Xa no primeiro minuto tomaron as rendas do marcador cunha brillante xogada individual de Adrián.
O cero a un deulles a tranquilidade necesaria, e antes do descanso deixaron visto para sentenza o encontro cun novo gol de Adrián e o terceiro de Xoel.
Nada máis empezar a segunda parte, Álex fixo o cero a catro.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu