O Calasancio xuvenil colle osíxeno nos Escolapios

En Liga Galega, Principal, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ  – CP Calasancio

“Cuando el trabajo es bueno durante la semana se refleja en el partido”

CALASANCIO 2 – INDEPENDIENTE 1

O Calasancio respira optimismo na Liga Galega xuvenil tras cortar unha dinámica sen gañar que arrastraban os de Denís López desde o mes de novembro. Os tres puntos ante o Independente nos Escolapios son moito máis que iso no regreso de Losada á portería monfortina tralo seu paso polo Deportivo da Coruña.
De inicio o encontro estivo marcado polo estado do terreo de xogo, moi brando pola choiva e que complicaba moito a circulación do balón.
A posta en escena do Calasancio foi moi boa, con intensidade desde o primeiro minuto e co premio do gol aos once de xogo tras unha boa xogada do capitán, Álex Blanco, gañando a liña de fondo e servindo un pase da morte que aproveitou Juan para facer o un a cero.
De novo Juan tivo o dous a cero cun remate cruzado, e o Independente animouse en ataque tras unha acción a balón parado que despexou Losada. Con mellores sensacións por parte do Calasancio, Iago acariñou o segundo cun remate desde dentro da área, pero o propio Iago non deixou pasar a segunda oportunidade na que ampliou a diferenza ao aproveitar un centro de Buti no que se anticipou ao porteiro visitante para subir o dous a cero ao marcador no último minuto da primeira parte.
Tralo descanso o Calasancio continuou a bo nivel e puido sentenciar o encontro por medio de Juan. Con todo, cando máis preto parecía o tres a cero, o Independente meteuse de cheo na loita polos puntos ao recortar distancias tras unha acción a balón parado no ecuador da segunda parte.
Damián, cun remate desde fóra da área, volveu estar cerca do terceiro, pero ao tramo final chegouse co axustado dous a un, polo que o Calasancio tivo que poñerse o mono de traballo para manter a diferenza e volver á senda da vitoria con estes importantes tres puntos.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu