O Calasancio acariciou os tres puntos pero deixou marchar dous nos minutos finais

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Sur

CORDAS – CP Calasancio

“Deixamos escapar dous puntos moi valiosos dos Escolapios”

CALASANCIO 1 – BORA 1

O Calasancio quedouse con cara de poucos amigos tras ver como se lle escapaban dous puntos ante o Bora na recta final do encontro.
Ata entón os monfortinos levaran o paso do partido ante un rival que renunciou ao balón de saída, acumulando moitos xogadores por detrás e esperando o erro dos monfortinos para saír á contra.
Os minutos pasaban nos Escolapios sen apenas chegadas con perigo ás áreas, ata que no ecuador da primeira parte, Flores asinou o seu primeiro gol na Liga Galega cadete ao rematar no segundo pau un saque de esquina co pé.
O Calasancio fixera o máis difícil, abrir a lata, pero o Bora non se inmutou nin sequera cando Vila estivo a piques de facer o dous a cero xusto ao bordo do descanso, tras unha primeira parte na que Manu foi un mero espectador.
Na segunda o Bora deu o esperado paso á fronte polo que o partido rompeuse un pouco máis. Pese a iso, Rodri, cun disparo que atallou o porteiro visitante, e Tagüi, tras gañar a liña de fondo, xeraron as ocasións máis claras para poder sentenciar un partido que chegou con vida aos minutos finais, e iso aproveitouno o Bora para pescar na necesidade dos monfortinos ao empatar o encontro tras un balón parado a catro minutos do final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu