O Burela xogará a última eliminatoria polo ascenso

En Fase de Ascenso, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

OKE – Porto Burela

“O Corme obligounos a sufrir demasiado na segunda parte do encontro”

CORME 0 – PORTO BURELA 2

O Porto de Burela está a 180 minutos de volver á Liga Galega xuvenil, na que fai máis dunha década que non compite o club mariñao. Os de Oke eliminaron con moitísimo sufrimento ao Corme e agora cítanse co As Pontes, que apeou desta fase de ascenso ao Palas nun encontro que puideron presenciar en directo os xogadores e corpo técnico do Porto de Burela.
A posta en escena foi a esperada polos lucenses, sendo superiores nunha primeira media hora na que tan só faltou un pouco de calma nos metros finais para poder xerar máis ocasións de gol.
O cero a un chegou na recta final da primeira parte co gol de Nico, tras recibir un balón ao espazo o punta mariñao asinou o seu primeiro gol do curso. A partir de aí o partido deu un cambio radical, o Porto de Burela empezou a perder o control mentres que o Corme cada vez gañaba máis metros ata meter aos de Oke no seu propio campo.
Con toda unha segunda parte por diante o partido parecía que se lle faría moi longo ao Porto de Burela, á vez que o Corme dispoñía de claras ocasións de gol, entre elas un man a man no que Ramiro luciuse para manter a vantaxe no marcador.
O Burela, cun 4-5-1 mantívose en pé e á contra Álex e Yeray puideron matar a eliminatoria. O Corme foise con todo en busca do empate, pero nunha das últimas accións do encontro, tras un balón longo, o porteiro rival tocou o balón coa man e tras esa falta chegou o cero a dous, xa no tempo de desconto, por medio de Manu.
Ao final, vitoria sufrida para un Porto de Burela que se medirá co As Pontes a dobre partido, cun posto na Liga Galega xuvenil en xogo.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu