O Burela reforza a súa candidatura de cara ao Provincial

En Cadete, Provincial

Os de Ramiro Chaves lograron un valioso punto na Marosa ante un Ribadeo que non cedera ningún esta temporada. Son terceiros a dous puntos do Foz

O Burela logrou un meritorio punto ante o Ribadeo, que chegaba á Marosa sen ceder ningún esta temporada. Os de Ramiro Chaves mesmo conseguiron adiantarse cun gol de Dani pero, antes do descanso, Samuel anotou o 1-1 para os visitantes. O marcador non volvería moverse nun partido de moita disputa e poucas ocasións. O empate dos ribadenses fixo mellor a vitoria do Foz na Magdalena onde, tras o 0-1 de Sergio, tiveron a vía máis libre para gañar. Tamén sumaron tres novo puntos Xove Lago, con claridade ante a Pontenova, e Lourenzá, pola mínima ante o Viveiro B.

O Abuín segue á alza Os branquiazuis sumaron fronte ao Casas a cuarta vitoria consecutiva coa que levan 13 dos 15 últimos puntos. Fronte aos colexiais deixaron o partido visto para sentenza antes do descanso cun 0-4 no marcador. Residencia B, Sagrado Corazón e Polvorín A, que ocupan as tres primeira prazas da clasificación no grupo Centro impuxéronse con solvencia nos seus encontros.

Hexemonía branquiazul
A Residencia amosou a súa posición hexemónica no grupo Sur cunha ampla vitoria ante o Becerreá, terceiro clasificado, ao que agora lle saca nove puntos de vantaxe. So o Monterroso parece tratar de seguirlle o ritmo. Os de Adrián mantéñense a tres puntos tras vencer pola mínima ao Polvorín cun gol de Santi.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu