O Burela exhibiu fondo de armario e acaricia o ascenso

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica

Os de Javi Ruiz están a unha eliminatoria do ascenso tras unha vitoria contundente ante o Numancia con protagonistas destacados distintos aos que desnivelaron o partido de ida

 

SD BURELA 6 – NUMANCIA 2

O Burela volve estar a 160 minutos da Liga Galega infantil. Os de Javi Ruiz apearon da fase de ascenso con contundencia ao Numancia de Ares cun global de 11-3 na eliminatoria. O cruzamento viña practicamente sentenciado co 1-5 co que finalizou o encontro de ida pero o Burela era consciente de que os primeiros minutos do encontro de volta, nos que o Numancia apuraría as súas últimas opcións, serían claves.
Con todo, os de Javi Ruiz demostraron que son un equipo con moitos recursos. No partido de ida Fernando e Adrián acapararan o protagonismo pero no partido de volta Iván cun hat trick e a solvencia de Iago no centro da defensa acapararon os focos de atención nun equipo que volveu render a un gran nivel.
O un a cero non se fixo agardar e chegou aos cinco de xogo ao culminar Iván unha contra mentres que, tan só dous minutos despois, Rafa ampliou a diferenza e sentenciou por completo a eliminatoria.
A partir de aí o Burela tomouse un permitido descanso e o Numancia marcou dous goles cos que empatou momentaneamente o encontro.
Antes do intermedio, Iván volveu acudir á súa cita co gol para poñer o tres a dous no marcador ao rematar un centro de Mateo.
O Numancia baixou por completo os brazos na segunda parte e o Burela aproveitou os segundos corenta minutos para seguir gañando en confianza ata levar o marcador ata o definitivo seis a dous.
O Sálvora é agora o último rival que separa aos de Javi Ruiz do soño da Liga Galega infantil. O primeiro encontro da eliminatoria disputarase en Ribeira e o de volta na Marosa. O Sálvora chega a esta rolda tres eliminar ao Oza xuvenil, 4-1 e 1-1, e ao Orillamar, 0-2 e 5-2, polo que non perdeu ningún dos catro encontros que disputou ata a data nesta fase de ascenso.

 

“Volvemos a demostrar a unión que ten este grupo de xogadores. Agora quedan dous pasiños para alcanzar o soño do ascenso” JAVI RUIZ Burela

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu