O Burela está a oitenta minutos do ascenso

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

 

BURELA 3 – NARÓN 2

O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao asinar o ascenso á Liga Galega infantil.

Os de Javi Ruiz impuxéronse no partido de ida por tres goles a dous ao Narón, polo que lles valen dous dos tres posibles resultados no partido de volta no que, se non encaixan gol, tamén estarán seguro na máxima categoría do fútbol infantil a próxima tempada.
Unha vez máis o Burela estivo por encima das expectativas, ata cando peor pintaban as cousas ao adiantarse o Narón en dúas ocasións no marcador, o Burela levantou a cabeza, sacou o xene competitivo e desnivelou a balanza ao seu favor.
As postas en escena en cada parte foron mellores para o Narón, que se adianto no marcador en ambas ocasións. Primeiro co cero a un no ecuador da primeira parte. A partir de aí o Burela foi mellor e Adrián plasmouno no marcador co empate a un.
Xa na segunda parte volveuse a adiantar o Narón nos primeiros minutos pero Adrián puxo o balón en toda a escuadra para facer o dous a dous e Yago imitou o remate cun disparo desde fóra da área para asinar o definitivo tres a dous co que o Burela viaxará a Narón para disputar o partido de volta.

 

“Por enésima vez, o compromiso destes rapaces co club e con Burela está moi demsotrado”
JAVI RUIZ Burela SD

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu