O Burela diluíuse no treito final no Poblado ante o As Pontes

En Fase de Ascenso, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

OKE – Porto Burela

“Temos que intentar acabar a tempada  coa cabeza alta no encontro de volta”

AS PONTES 7 – PORTO BURELA 0

O día D para o Porto de Burela nunha fase de ascenso volveu aparecer. Tradicionalmente nas últimas tempadas os mariñaos son candidatos aos ascensos, pero nas fases finais un mal día, unha mala tarde, un mal partido, afástaos.
Nesta ocasión a solidez que mostraron os de Oke ao longo da tempada facía presaxiar que o día D non fixese acto de presenza, pero fíxoo no Poblado, onde o Porto de Burela deixouse as súas opcións de volver á Liga Galega xuvenil, na que non compiten desde fai máis dunha década.
O temor na Marosa tíñaselle ao partido de volta, en plenas festas de Burela, que xa teñen pasado factura a estas alturas de tempada. Con todo, o día D chegou no partido de ida co sete a cero.
Un marcador avultado ante un rival que foi mellor e estivo dirixido, como ante o Palas, polo ex xogador do Lugo de División de Honor, Peque.
Aos tres minutos o As Pontes fixo o un a cero nunha acción na que Oke incidiu ao longo da tempada, pero na que o desaxuste defensivo propiciou o primeiro gol do encontro.
O Burela repúxose e ata igualou as forzas, terminando a primeira parte co axustado un a cero no marcador e coa sensación de que si facían ben as cousas, na segunda parte estarían metidos no partido e na eliminatoria.
Nada máis empezar a segunda parte ao Burela se lle anulou un gol de Jorge por fóra de xogo, unha acción que puido cambiar o rumbo do encontro, xa que na seguinte xogada chegou o dous a cero do As Pontes que supuxo un punto de inflexión no partido e na eliminatoria.
O Burela acusou demasiado o golpe, deixou de competir e o As Pontes cheirou o sangue e foi a por o partido. Pronto chegaría o 3-0, que naceu dunha gran xogada persoal de Peque. A partir de aí, o naufraxio foi total e o Porto Burela terminou o encontro encaixando outros tres goles nos últimos dez minutos, cos que a eliminatoria quedou vista para sentenza a falta de disputar aínda o encontro de volta na Marosa, que será a próxima fin de semana.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu