O bo xogo do CD Lugo non se viu reflectido no marcador

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Un dos mellores partidos ata agora. Estou moi satisfeito co traballo dos 16 xogadores”

BERTAMIRÁNS 2 – CD LUGO 1

Bo partido do Lugo en liñas xerais, aínda que o marcador final deixe sen premio aos de Brais Prados.
Os lucenses quixeron o balón e xogárono con criterio sempre que puideron dende os primeiros minutos ante un gran rival como o Bertamiráns, terceiro clasificado da Liga Galega infantil.
O dominio e a posesión traducíronse en chegadas e ocasións, pero faltou a guinda do gol para tomar as rendas do encontro con autoridade. Antes do un a cero do Bertamiráns o Lugo foi o que máis buscou e mereceu romper o cero a cero inicial.
Alesito, con dous disparos con perigo dende a frontal, Gabri dende dentro da área, Jorge cun potente golpeo e Luisito cun remate que se foi por encima do largueiro, asediaron sen derruba a portería dun Bertamiráns que cando peor o pasaba atopouse co un a cero.
Un gol tras un rexeite logo dun lanzamento dende fóra a área que deixou aos lucenses tocados ata chegar ao descanso.
Nos vestiarios repuxeron forzas e recuperaron a moral, sobre todo tras asinar Freire o empate a un cun golazo aos seis minutos da segunda parte.
O lateral lucense conectou un gran disparo para poñer o balón en toda a escuadra tras un rexeite ao borde da área.
Co empate, o Lugo volveu á carga en busca da remontada e volveu dispoñer de ocasións para o un a dous, sendo as máis claras por medio de Lucas e Gabri, pero o que acertou co marco rival foi o conxunto local, cun centro raso que ninguén acertou a despexar.
A partir de aí, querer e non poder, xa que ata o final o Lugo buscou o gol do empate , ata cun remate de Borja dende o punto de penalti no que se luciu o porteiro local tras un centro de Jorge.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu