O Bertamiráns volveu a exhibir o seu gran potencial

En Infantil, Liga Galega Infantil

Os segundos na táboa non concederon opcións ante a Milagrosa

O Bertamiráns volveu exhibir potencial ante a Milagrosa, algo que xa fixeran na categoría cadete e que repetiron na Liga Galega infantil.
A superioridade física do Bertamiráns é incuestionable nesta competición e a Milagrosa apenas tivo opcións.
Antes de que se cumprise o primeiro minuto de xogo xa chegara o un a cero cun balón longo tras saque de centro do Bertamiráns, mentres que o dous a cero non se fixo tampouco esperar.
Aos poucos a Milagrosa puido coller aire e, á media hora, ata estivo a piques de recortar distancias cun remate de Leo que se estrelou na madeira. O Bertamiráns volveuse a poñer serio e, nos últimos dez minutos da segunda parte, sentenciou o encontro con tres goles practicamente consecutivos cos que o marcador se foi ata o cinco a cero ao final dos primeiros corenta minutos. Na segunda metade, sen apenas historia, o Bertamiráns ampliou a conta ata o sete a cero final.

“A seguir trabajando para llegar lo mejor posible a la segunda fase ante rivales más parejos” MADRILES Milagrosa

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu