O Atlético Abuín arranca con forza a segunda volta

En Cadete, Provincial

Os branquiazuis cortaron a xeira do Sagrado Corazón, que chega á Cheda invicto, e servíronlle o liderado á Residencia B, que gañou na Frigsa

O Abuín confirmou a súa liña ascendente cunha vitoria ante o Sagrado Corazón, que na Cheda está en territorio hostil. Os de Brais deixaron alí os cinco puntos perdidos esta tempada. Ademais, foi o único tanto no que encaixaron goles esta temporada.
A vitoria do Abuin tivo outro aliciente que a engrandece: os branquiazuis tiveron que remontar o partido no que o Sagrado se adiantou por dúas veces, 0-1 e 1-2, e que acabou perdendo a imbatibilidade e o liderado en favor da Residencia B, que si cumpriu co guión na Frigsa.
Tamén se impuxo a clasificación no duelo entre Polvorín e Casás, onde os colexiais volveron facer sufrir aos amarelos poñendo a proba a súa paciencia ante a porteria rival cun novo inquilino provisional, Jose, que fixo paradas de mérito evitando que o resultado se estirase despois do 2-0 co que se chegou aos vinte minutos de xogo.
Cara e cruz Xove Lago e Burela repartiron os puntos no encontro máis igualado do Grupo Norte, no que os protagonistas volveron repetir guións coñecidos: Como a semana pasada en Vilalba, o Burela rescatou un punto na Magdalena nos intres finais. Como lle acontecera en Foz, o Xove, que se adiantou cun gol de Samuel, volveu ceder dous nos últimos minutos.
A xornada completouse con vitorias de Viveiro B, Foz e Ribadeo, que segue líder.
Triunfos locais
O factor cancha impúxose nos tres encontos do grupo Sur, que acabaron con vitoria de Residencia A, Becerreá e Piringalla despois de que os tres deixaran os partidos encarrilados na primeira parte. A fin de semana tivo dobre cita para os de Antón Méndez que, ademais, xogaron contra o Monterroso. Un duelo directo que se anotaron os dos Cerdeiriños, afianzándose na segunda praza da clasificación.
Foi o único encontro disputado da oitava xornada, prevista para o 1 de novembro pero aprazada ata o 9 de decembro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu