O asedio mariñao rematou en derruba cun novo gol de Luis

En Cadete, Liga Galega

Segunda vitoria consecutiva do viveiro tras impoñerse a Milagrosa e Lugo B con tres goles do extremo

Segunda vitoria consecutiva dun Viveiro que toma impulso na clasificación tras impoñerse a Milagrosa e Lugo B en cadanseu derbi nos que Luís foi o xogador máis determinate ao asinar os dous goles da remontada ante a Milagrosa e o único nas Gándaras ante o conxunto albivermello.
Os de Luchi soltaron lastre e sacáronse un peso de encima a semana pasada, mentres que nesta xornada xogaron máis soltos e foron merecedores dos tres puntos ante o Lugo B.
O vento tamén foi protagonista neste partido, como nos últimos disputados polo Viveiro. Na primeira parte soprou a favor do Lugo B, pero o encontro disputouse en campo local.
Os de Seoane empezaron mellor, con moita posesión de balón e asociándose ben, pero sen apenas profundidade. En canto o Viveiro conseguiu axustar as marcas, os celestes creceron e dominaron cun centro do campo do que Boixet, Trasi e Luis eran os donos.
Na primeira parte as ocasións de gol foron escasas, tan só unha por parte de cada equipo. Gabri polo Lugo B tras un roubo de balón no que Egoitz lle gañou a partida e polo Viveiro un eslalon de Luis que terminou cun centro da morte que ninguén rematou. Con todo, as sensacións eran mellores para o Viveiro ao final da primeira parte.
Na segunda os mariñaos tiveron o vento a favor e intensificaron o seu dominio en campo rival ante un Lugo B con moitos problemas para sacudirse a presión rival.
O asedio do Viveiro terminou en derruba a falta de tan só nove minutos, cando o Lugo B xa empezaba a saborear parte do botín en xogo. Tal vez na ocasión menos clara, tras un centro de Álex, o balón caeulle a Luis e este cun remate no segundo pau enviou o balón ao fondo das mallas para desnivelar un derbi provincial por segunda vez en tan só unha semana.
Na recta final o Viveiro apenas pasou por complicacións defensivas e levouse os tres puntos das Gándaras con toda xustiza.

“Cada día debemos crecer nos nosos valores: compromiso, esforzo e humildade”SEOANE CD Lugo B

“Victoria muy merecida para el equipo”LUCHI Viveiro CF

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu