O Amio castigou na primera parte a pasividade do Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – Polvorín EF

“La principal diferencia estuvo en que un equipo salió a competir y el otro no compareció en el terreno de juego”

EF POLVORÍN 0 – AMIO 2

O Polvorín cedeu os tres puntos en xogo nun partido entre equipos recentemente ascendidos á Liga Galega infantil.
O Amio levouse todo o botín en xogo sen facer nada do outro mundo, pero aos composteláns chegoulles con estar máis intensos e xuntos dende o asubío inicial para saír airosos dun encontro no que quedou claro que o potencial de ambos conxuntos é moi similar.
De inicio os visitantes cederon con descaro a iniciativa no xogo ao Polvorín, acumulando moitos xogadores por detrás do balón en repliegue.
Ante esta formulación aos de Caballero faltoulles moita paciencia para elaborar e caeron nun fútbol directo do que saíron mal parados, xa que o Amio ao estar máis replegado aproveitaba os espazos que deixaba o Polvorín tras perda de balón.
Á media hora de xogo chegou o cero a un nunha falta de entendemento na zaga local, pero nada máis sacar de centro, o Amio aproveitou o desconcerto do Polvorín para poñer terra no marcador co cero a dous, que chegou tan só un minuto despois.
No descanso Caballero intentou reactivar aos seus xogadores cunha intensa charla, pero o guión do partido continuou sendo similar.
O Polvorín foi incapaz de recortar distancias malia dar algo máis de sensación de perigo que na primeira parte ante un Amio ordenado que se levou os tres puntos sen facer ningún tipo de alarde, marcando o camiño que debe seguir o Polvorín para continuar coa súa posta a punto de cara á segunda parte da competición na que os puntos si terán un gran valor.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu