O Álex Blanco volverá ser decisivo

En Cadete

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no que os de Carlos Fontal teñen que remontar o 2-1 do partido de ida

 

RIBADUMIA 2 – CALASANCIO 1

O Calasancio está no punto que posiblemente asinaría estar a principio de tempada.

Xogándose o ascenso a un partido co factor campo para remontar un axustado 2-1 co que se impuxo o Ribadumía no partido de ida.
Un encontro marcado polas dimensións do terreo de xogo, moi estreito, polo que practicamente todo o protagonismo levárono as accións a balón parado e o fútbol directo.
Ao Calasancio custoulle un pouco meterse en partido, pero tivo a primeira ocasión clara antes de que, tras unha indecisión defensiva, o Ribadumía inaugurase o marcador.
Co un a cero chegouse ao descanso, pero a posta en escena na segunda parte foi mellor por parte do Calasancio, que tras un lanzamento de falta de Miguel que o porteiro local enviou a córner, no saque de esquina Adrián fixo o empate a un.
Pouco lle durou a alegría ao Calasancio, xa que o dous a un chegou poucos minutos despois.
A partir de aí, coa entrada de Samuel, o Calasancio iniciou un asedio sen derruba que espera culminar o vindeiro sábado a partir das 18:30 horas no Álex Blanco para celebrar o regreso á unha Liga Galega cadete que xa agarda polos monfortinos.

 

“Sabíamos que nos encontraríamos muchas dificultades. Nos queda un último esfuerzo para conseguir el objetivo”CARLOS FONTAL CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Boiro, última pedra no camiño do Viveiro

Os de Antonio Serrano serán novo equipo da Liga Galega infantil se superan a última eliminatoria da fase de

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu