O Alertanavia asestou un duro golpe nos Escolapios

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

“Non estivemos atinados cara o gol na primera parte. Na segunda os nervos apoderáronse de nós. Vamos seguir traballando ata o final”

CP CALASANCIO 1 – ALERTANAVIA 2

O Calasancio esgotou os comodines de cara á recta final na que, como mínimo, ante os equipos da zona media baixa da táboa, só lles vale sumar de tres en tres.
A visita do Alertanavia supoñía unha nova final nos Escolapios, e o Calasancio afrontouna coas ideas clara asinando unha boa primeira parte na que foron mellores, pero a súa superioridade non se viu reflectida no marcador.
Ao filo do cuarto de hora inicial, co partido controlado, o Alertanavia sorprendeu aos monfortinos cun balón longo ás costas da defensa, adiantándose no marcador. A partir de aí o Calasancio fixo un asedio sen derruba ante a portería visitante, con moitas ocasións entre as que destacaron unha chilena de Adrián á escuadra, un remate de cabeza de Álex e disparos de Nico e Xoel Irímia que non atoparon portería ou tiveron boa resposta do porteiro visitante.
Ao descanso a sensación era de que o partido podíase remontar, e máis aínda despois de que chegase o empate a un por medio de Nodar ao transformar unha falta indirecta dentro da área.
Con todo, o xerro de auga fría chegou tan só tres minutos despois, cunha nova acción de fútbol directo do Alertanavia cun balón ás costas da defensa que deixou a un dianteiro só ante Moledo. A partir de aí, con máis corazón que cabeza, o Calasancio intentouno pero sen premio.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu