O 2018 empeza cunha choiva de goles na Fonte

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal grande

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

““No estuvimos bien en defensa, pero lo positivo es que seguimos en el partido hasta el último momento”

CD LUGO B 4 – LALÍN 4

O Lugo B salvou un punto nun partido con moitas alternativas por parte de ambos equipos, tanto no xogo como no marcador, e que terminou de forma frenética e con reparto de puntos tras verse oito goles na Fonte, dous deles no tempo de desconto cos que os de Iván Alonso salvaron un punto.
Ata entón o encontro empezara ben para os intereses locais, dominando os tempos e adiantándose no marcador co un a cero que asinou Brian ao cuarto de hora. Acto seguido Pérez estivo a piques de ampliar a diferenza, pero co paso do partido as forzas fóronse igualando e o Lalín empatou antes do descanso.
A segunda parte volveu empezar ben para os intereses do Lugo B, poñendo Pérez, ao aproveitar un saque de falta de Samu, de novo ao Lugo por diante no marcador. A alegría durou pouco, xa que tan só dous minutos despois o Lalín fixo o momentáneo empate a dous.
O Lugo B perdeu un pouco o sitio no campo, sobre todo en defensa, algo que aproveitaron os visitantes para darlle a volta ao marcador co dous a tres, e sen marxe para a reacción levaron a diferenza ata o dous a catro con apenas sete minutos máis o desconto por diante.
O Lugo B nunca baixou os brazos, e no primeiro minuto de engadido, Brian recortou distancias, de novo tras unha asistencia de Samu.
Sen tempo que perder o Lugo B creu no empate ,e este chegou na úlitima xogada do encontro ao bater David ao porteiro visitante no man a man tras aproveitar un gran pase interior de Manu.
Ao final, catro a catro nun partido no que o Lugo B, pese ás lagunas defensivas, sae reforzado ao non baixar os brazos en ningún momento do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu