Novo “déjà vu” do Viveiro no Cembedo que resume a tempada

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Gracias a todos por esta temporada. El año que viene, más ”

VIVEIRO CF 0 – DUMBRÍA 2

Un guión e unha historia xa coñecida esta tempada finalizou a competición o Viveiro. Un curso no que os celestes gañáronse a pulso soñar con cotas altas nos primeiros meses de competición, pero foron varios os condicionantes que espertaron aos celestes do soño do ascenso demasiado pronto.
Xogadores co primeiro equipo mermaron o potencial á vez que un par de derrotas afastaron aos dous primeiros clasificados a principio de ano. A partir de aí, un deambular pola competición ata que finalizou.
O resumo da tempada se calca co deste encontro, no que o Viveiro quentou motores na primeira parte, na que foi mellor e dispuxo de claras ocasións para adiantarse no marcador, como un disparo á cruzeta de Jairo ou un remate de cabeza de Xoel que se foi fóra por moi pouco.
Ao descanso, como ao ecuador da competición, chegouse con boas sensacións pese ao cero a cero que reflectía o marcador.
A segunda parte presentábase igual de ilusionante, como a segunda volta da Liga, cun Viveiro enchufado que volveu estrelar un balón no poste, nesta ocasión por medio de Xoel, mentres que Jorge e David continuaban co carrusel de ocasións.
Todo pintaba ben, ata que chegaron os contratempos. O Dumbría inaugurou o marcador tras un despropósito defensivo á saída dun córner. O Viveiro, como ao comezo da segunda volta, intentou levantarse do golpe, pero non o conseguiu.
O balón non quixo entrar para os celestes e o Dumbría castigou en exceso a un Viveiro que terminou mal ferido o encontro e a tempada no Cembedo, tras encaixar o inxusto cero a dous na recta final que deixou aos celestes con cara de poucos amigos tras realizar un bo partido para despedir o curso.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu