Nova vitoria pola mínima da Resi. Táboas entre Lugo e Burela e primeiro triunfo do Villalbés

En Infantil, Infantil Autonómica, Provincial

Iván asinou o único gol na Cheda

 

RESIDENCIA 1 – RIBADEO 0

A Residencia está a rendabilizar ao maximo os seus  goles neste inicio de Liga no que encadea a terceira vitoria, a segunda pola mínima. Un tanto de Iván no ecuador da primeira metade serviulles aos branquiazuis para facerse co triunfo nun partido trabado, con moita disputa no medio campo, e poucas ocasións nas dúas áreas. Con todo, as chegadas con máis intención na primeira parte foron para eles. Antes do 1-0, os locais rondaron a área rival aproveitando a velocidade de Gabri, e en centros desde a banda esquerda nos que Dani Pérez gañaba a liña de fondo. O 1-0 chegou nun balón interior a Iván, que bateu ao porteiro á media hora de xogo. Na segunda metade o Ribadeo quixo gañar protagonismo e o partido tivo rachas de dominio alterno nas que de novo o 2-0 parecía estar máis cerca que o 1-1. Os córners e os balóns á area nas faltas en tres cuartos de campo foron a única ameaza para os locais.

 


 

Reparto de puntos tras un periodo para cada equipo nas Gándaras

 

CD LUGO B 1 – PORTO BURELA 1

O Lugo B, cos alevíns Pepe e Dani no once inicial, adiantouse cun gol de Rosón, que bateu ao porteiro por baixo tras unha xogada combinativa, nunha das accións máis destacadas do primeiro tempo nas Gándaras.
Na segunda parte, Adrián igualou o partido para o Porto de Burela ao rematar un saque de esquina. Un resultado definitivo malia que Iker dispuxo de dúas boas ocasións, só ante o porteiro, para adiantar ao Lugo B, e o Burela, que adiantou a posición de Fernando para aproveitar as segundas xogadas, buscou o segundo en tiros desde a frontal e accíóns, coma un dous para un de Xosé, nas que lles faltou concretar o último pase.

Parón
O Provincial infantil terá xornada de descanso a vindeira fin de semana na que a Milagrosa, próximo rival do Lugo B xogará o encontro aprazado ante o Viveiro, mentres que o Porto de Burela volverá á competición dentro de quince días recibindo ao Rácing Villalbés na Marosa.

 


 

O Villalbés recolle os primeiros tres puntos tras sementar bo fútbol

 

RC VILLALBÉS 4 – PIRINGALLA 2

Primeira vitoria no Provincial para o Rácing Villalbés, que iniciou a competición cun gran nivel de xogo pero sen premio en canto a resultados. Ante a Piringalla, os de Simón volveron despregar o bo fútbol das pasadas xornadas, pero con máis eficacia, anotando os dous primeiros goles  en apenas sete minutos. A Piringalla recurtou distancias nunha recuperación de balón preto da área e xogou os seus mellores minutos, disputándolle o balón ao Villalbés, aínda que o dominio seguiu sendo local. Así, no inicio da segunda parte, o Villalbés logrou dous goles mais que deixaron o partido sentenciado.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu